PROGRAMA DA VIAXE AO NORTE DA INDIA E NEPAL XA DISPOÑIBLE


Presentamos un programa excepcional , antolóxico da India do Norte. Actividade tramada dende unha óptica cultural, que tanto nos mete en paisaxes sorprendentes como en templos, no sentir de relixións antiquísimas, animistas, en tradicións insólitas, como nos máis sorprendentes palacios e ritos.

É esta unha expedición feita sobre outras anteriores xa realizadas con éxito polo noso colectivo. Melloramos aquí aspectos no recorrido coa finalidade de que quede permanentemente na memoria como unha viaxe irrepetible por canto se ten aprendido e por esa ansiada excelencia que supera a calquera outra.

Mirade con lupa e sobre o mapa… Non o dubides, súmate a nós.

Infórmate máis amplamente en “Portas Ártabras” ou no noso axente Ciberviaxes (Federico Tapia 41, Coruña, tfn.-981216600)

Podes descargar o programa da viaxe baixo estas líneas

PROGRAMA VIAXE Á INDIA NEPAL

ITINERARIO VIAXE A INDIA NEPAL