XOVES 13 DE XUÑO: “MONTAÑAS SAGRADAS”


O xoves 13 de xuño ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que expoñerá como trataron distintas culturas e mitoloxías. ás súas Montañas Sacras.

A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para explicar como o simbolismo pagán da montaña repercutiu no cristianismo.