XOVES 6 DE XUÑO, CONFERENCIA: CAAVEIRO, UN MOSTEIRO DIFERENTE NA NATUREZA


Como é costume, ás 20 horas no noso espazo de cultura, "Portas Ártabras" terá lugar unha conferencia sobre SAN XOAN DE CAAVEIRO, UN MOSTEIRO DIFERENTE NA NATUREZA, impartida polo Doutr. XOSE MANUEL YAÑEZ, arquitecto técnico, enxeñeiro en edificación, Xefe da Sec. de Arquitectura e Mantemento da Deputación da Coruña, sobresaíne debuxante de monumentos, Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Compostela, precisamente cunha documentada tese sobre este singular mosteiro situado outrando as Fragas do Eume., concello da Capela. Conxunto monástico documentado  xa no século X, no que a lenda e o mito  pon o paso e a súa fundación por San Rosendo, logo provilexiado por Alfonso VII pasando a ser  dos frades regulares de San Agustiño. Edificación na que se constatan restos románicos, renacentistas, barrocos e unha curiosa intervención no século XIX, seguindo as pautas do historiador e coengo compostelán. Antonio López Ferreiro, así como a actual polo arquitecto  CelestinoGarcía Braña e Isabel Aguirre . Caaveiro, a paisaxe, as súas ruinas e lendas, así como a súa historia fan del un inspirador "Locus amoenus"que non pasou desapercibido a pintores, escritores ou filósofos.