XOVES 23 DE MAIO 2019: CONFERENCIA DE ANTONIO GARRIDO ARREDOR DE SEOANE


O xoves 23 de maio ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar unha conferencia do profesor de Historia da Arte da  Universidade Compostelán, especialista en arte de hoxe e en Luis Seoane, Antonio Garrido.

Precisamente o tema ten relación coas facianas creativas de Luis Seoane en relación coa industria, un dos fundamentos  do Laboratorio de formas de Galicia, das cerámicas do Castro, Sargadelos, do Museo Carlos Maside… A Academia Galega de Belas Artes dedicoulle neste 2019 o Día das Artes Galegas a Luis Seoane.