XOVES 11 DE ABRIL DE 2019: “ALMAS, ESPÍRITUS Y FANTASMAS”


O xoves 11 de  abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha  nova conferencia do enxeñeiro José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, que tratará sobre as almas, os espíritos e as pantasmas na mitoloxía e no cristianismo.
A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar como o cristianismo impregnouse na mitoloxía oriental e grecorromana, incorporou na súa arte e na súa doutrina aos seres espirituais pagáns. E por ese motivo aparecerán no imaxinario cristián: a alma-paxaro exipcia, a  psyché grega, a apoteose romana ou o pasaxe da alma exipcia.