DOMINGO 21 DE ABRIL DE 2019: XEIRA A FISTERRA PARA COÑECER O SEU AUTO DE PASCUA


Esta aberta a inscripción para vivir algo imprescindible na cultura galega: a representación do auto da Resurrección  na campa de Santa María da Area en Fisterra. Ancestral tradición en relación coa morte e a resurrecurrección de Cristo, representación teatral popular que cristianiza o culto ao Ara Solis no extremo occidente do Vello Mundo . Recorrido que, ademáis de coñecer arqueoloxías deste Cabo do Mundo, á tarde seguirá  por insólitos lugares da "Costa da Morte": Moraime, Muxía, Camariñas, Camelle, Arou…contando historias de naufraxios de todo tempo, de invasións suevas e viquingas… E non faltará o xantar enxebre… E tamén sobre o tema do mar.