DOMINGO 31 DE MARZO XEIRA POLAS TERRAS DO DEZA


Está aberta a inscripción para participar nesta singular xeira, a fin de adentrarse en novos aspectos culturais que ofrece o entorno de Lalín, como a mesma arquiectura do seu concello, obra  contemporánea de Tuñón e Mansilla, ou mesmo a vila obreira das minas de volframio de Fontao…xa no concello de  Vila de Cruces… E ademáis outros puntos, como o Pazo da familia Loriga, entre outros, o entorno do mosteiro de Carboeiro, Breixa, Ansemil… Ilustrado paseo por terras de pintores como Laxeiro, Colmeiro, Lamazares… do Astrónomo Aller, do aviador Loriga, da bandoleira Pepa Loba…. Intensa xornada na que non faltará o xantar enxebre, aínda sendo tempo de Coresma.

Saída como sempre ás 9 dos lugares de costume: paradas de bus de Campo da Leña, San Andrés 56, Praza de Pontevedra, Juan Florez 56, S. Pedro Mezonzo e Paxariñas…ollo que na noite anterior cambia o horario.