XOVES 7 DE FEBREIRO 2019: PRESENTACIÓN DUN NOVO LIBRO DE LUZ POZO


Ás 20 horas en Portas Ártabras a Editorial Alvarellos presentará "Pazo de Tor", a última obra da poeta Luz Pozo Garza. Acto no que contará, ademáis da autiora coa presencia da profesora Carmén Blanco, Victor F. Freixanes, e do propio edictor Henrique Alvarellos. Entrada libre.

A poesía, como a beleza, non ten idade. Luces e sombras conmovidas / O tempo é relativo / e a contraluz do tempo / pasan tamén as vidas… / Manan felicidade a contrapunto lento / as fontes transferidas. As medidas convencionais non serven ás musas. Isto vén a corroborar a escritora Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922), quen, aos seus 96 anos, publica novo traballo, oito décadas despois da aparición de Ánfora (Vigo, 1948), o seu primeiro poemario. En Pazo de Tor (Alvarellos Editora) viaxa ás raíces familiares dos Garza, estreitamente ligadas a esta propiedade situada na parroquia monfortina de San Xoán de Tor e nun privilexiado miradoiro sobre o val de Lemos. A autora parece rastrear nas súas orixes -a presenza da nai alcanza unha gran transcendencia no libro- a súa identidade e tamén a vixencia da súa mirada: Eu son a creatura que chama polas rosas / ás portas do misterio / Todo se fai milagre / na patria dos oráculos / e agardo o compromiso / de saber que aínda existo.