DOMINGO 17 DE FEBREIRO: PRIMEIRA XEIRA DO ANO 2019, “UNHA VIAXE DE AVENTURA”


Está aberto o prazo pra anotarse e participar nesta xa tradicional XEIRA DA AVENTURA, a que levará aos asistentes a un lugar insólito, inesperado pra quen veña…pero sempre cheo de cultura, de acontecer tras acontecer, de leria e boas tradicións. Día no que sempre se ofrece moito de máis, como un agasallo a tod@s cantos nos coñecen ou desexan coñecernos, pra sumarse a Amig@s dos Museos de Galicia… e deste xeito, entrar na Historia. Proba e volverás.

Como é costume sairase ás 9 da mañán dos lugares de costume (Paradas de autobús de: Praza da  Leña, San Andrés 56, Praza de Pontevedra, Juán Florez 56, S. Pedro de Mezonzo, Paxariñas…e algún outro punto que se acorde previamente. Non somos unha empresa, somos un colectivo de amig@s.