XOVES 10 DE XANEIRO 2019 CONFERENCIA: “SANTIAGO E O CÓDICE CALIXTINO”


 O Xoves 10 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras  unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo y religión en el arte”, na que comentará como a literatura medieval, e o Códice Calixtino en particular, chegaron a crear unha imaxe prodixiosa do apóstolo Santiago. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de arte que servirán para comentar como se acomodaron os textos para converter un sinxelo apóstolo no evanxelizador de España.