EXPOSICIÓN: PAISAXES DECONSTRUIDAS DE LOLA VIVEIRO


A creadora galega, Lola Vivero, formada en París presenta en Portas Ártabras e durante o mes de Novembro e Decembro una selección da súa última obra pictórica e fotográfica. Trátase de obra de pequeño formato realizadas en técnica mixta (acrílico e óleo). Particular interpretación de paisaxes rurais e urbanas que  asumindo a confluencia dos “ismos” do noso tempo, do impresionismo, pasando polo expresionismo e mesmo o fauvismo conducen a un deconstructivismo alegórico e metafórico que peta e prende no espectador.