DO 1 AO 7 DE DECEMBRO: TODO MILAN E OS SEUS ARREDORES


Xa temos pormenorizado o programa da viaxe a Milán e os seus arredores. Con esta seguimos a exitosa iniciativa de levar a un grupo, en tempo de inverno, próximo ao Nadal, a coñecer os interiores dunha das capitais da moda do mundo, encendida nas súas mellores galas. Pero tamén adentrándose nas súas singularidades históricas, artísticas, culturais: ópera, a Santa Cena, os palacios, os castelos, os museos da moda e da costura… Sen faltar un intenso recorrido polos sorprendentes palacios do lago de Como, con parada e fonda en espazos con encanto. Sirvan como exemplo as viaxes  monográficas, feitas neste tempo a Florencia, Venecia, Dublín…cos seus mercados de Nadal, as performances, os cánticos, as luces….

1 AO 7 DE DECEMBRO PROGRAMA MILAN AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA