XOVES 23 AGOSTO: CONFERENCIA SOBRE A PAISAXE GALEGA


Ás 20 horas no noso espazo de cultura, Portas Ártabras, o profesor titular de Xeografía da Universidade Autonoma de Madrid, Francisco Alonso Otero, impartirá unha conferencia “SOBRE EL PAISAJE DE GALICIA”. Tema no que, guiado de imaxes,  adentrarase na formación xeolóxica, mapas, minerais, serras, bocarribeiras, vales, rías, areais, bosques e reforestación, as grandes obras e a paisaxe…a cultura. Esperámoste.