DOMINGO 26 DE AGOSTO XEIRA AO COUREL… PAISAXE, ARQUEOLOXÍA, ETNOGRAFÍA, LITERATURA


Como xa é tradición neste noso colectivo dedicamos o derradeiro domingo de agosto, cando todo semella normalizarse, a visitar aspectos insólitos da Serra do Courel, complementando puntos a visitar con outras viaxes anteriores: Viaxe cuntural seguindo  río Lor,  dende Quiroga ao Cebreiro, pasando por Folgoso, Ferreirós, Figueiras, Seceda, Ferreiría, Seoane, Parada, Moreda…Pacios. Deténdonos nos “locus amoenus”, lugares apacibles, amados e que inspiraron ao poeta Uxio Novoneira, espazos centrados pola súa casa de Parada, ao pe do Souto e dos antergos camiños que serpentean o Castro Cido, a Torre de Carbedo, a Devesa da Rogueira…. e se perden na Serra camiño do Bierzo. Non faltará o xantar enxebre, nin explicacións que abonden no pasado e no presente desta enigmática. Apúntate e ven, coa seguridade de que será un domingo de agosto inesquecible.