SÁBADO 7 DE XULLO: RUTA LLORÉNS


O noso colectivo inicia unha serie de xeiras pra tarde dos sábados  polas Mariñas coruñesas, de "Condes" e "Freires" as de Betanzos, Sada, Pontedeume ou Oleiros e as de Cambre, Culleredo e Carral… nas que se recolle e complementa un itinerario proposto pola historiadora da arte, Rosario Sarmiento,  arredor do impresionismo, parándose en lugarers "locus amoenus" que inspiraron e foron recollidos en pinturas de artistas seguidores dester movemento que trata da suxestión de momentos sobre a paisaxe, como Abelenda, Llorens, Seijo Rubio ou mesmo na contemporaneidade por Antonio Tenreiro Brochón.

Xeiras, como amenas clases,  minoritatrias debido ao difícil acceso de autocar grande a puntos como Canabal, Seixo Branco, Sada Vella, Carnoedo etc… actividade de tarde, con saída ás 16 horas e retorno sobre as 22, con merenda típica mariñán en lugar axeitado para este tempo de verán.

Actividade que se complementa con visitas á coleción LLoréns da Fundación Pedro Barrié e o Museo de Belas Artes da Coruña.

Si acaso entérate en Pórtas Ártabras e súmate para un coñecemento integral duns creadores, da súa obra e  dun tempo   que está na base da nosa contemporaneidade.