XOVES 3 DE MAIO: NAZCA EL SUEÑO CREADOR


Ás 20 horas Gustavo García Roig (fotógrafo apaixoado polas Raíces da Humanidade) presentará unha nova exposición en Portas Ártabras que se prolongará até o día 29 de xuño, titulada "NAZCA, EL SUEÑO CREADOR" Serie fotográfica de as Pampas de Nasca.

Exposición adicada a María Reiche, a "muller que varría o deserto", a "Dama dás Pampas de Nazca" e que recuperou este "soño perdido…" Esta exposición permite visualizar diferentes partes dos xeogliflos (debuxos xigantescos) existentes nas Pampas de Nasca e Palpa e tamén coñecer as visicitudes de María Reiche para estudar e sobrepoñerse a todos os obstáculos nos seus 51 anos de entrega a este legado da Cultura Nasca de hai máis de 2.500 anos.