VENRES 20 DE ABRIL: O ROMANCE DE DON GAIFEROS


Ás 20 horas presentarase en Portas Ártabras o cartel de cego sobre o ROMANCE DE DON GAIFEROS, obra da autoria do debuxante Perico Castro. Acto no que será acompañado ao violín por Xavier Cedrón Fernández. Trátase dunha sintética banda deseñada, pra enxergar a pulo dunha soia  ollada. Obra  inspirada na tradición dos cantares de cego e cordel que caracterizaban as feiras e romarías de Galicia. Perico Castro é recoñecido debuxante e pintor, inspirado na tradición dos códices e da pintura didáctica medival e popular.