VENRES 23: PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL “O CANTEIRO DE SEBIL”


O venres 23 ás 20 horas en Portas Ártabras estrease o documental «O canteiro de Sebil», un proxecto audiovisual promovido polo colectivo Quinteiro do Umia que recupera a figura de Xohán Xesús González, un canteiro de Curtis que foi apresado e fusilado por crear O Terzo de Calo para defender a legalidade republicana.