benvida

Ampliar imagen
Ampliar imagen

... Coñece algo de nós, somos o que facemos.

ENTRA NA HISTORIA

Benvido por querer saber quen somos e o que facemos: furar por este noso mundo, enxergar que é sentir cos cinco sentidos, máis a intución, o saber e a cultura. Todo servirá como sistema métrico para calificar cousas e acontecementos, mesmo nesta sociedade do espectáculo.

A través destas páxinas queremos sobrepasar esas teorías, ás que somos tan propensos, atraervos a unha actividade de sensibilización e participación co universo dos museos, que é dicir coa memoria, coa Historia do ser humano e moi concetamente de Galicia.

Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo que naceu no 1975, que foi experimentando, consolidándose, creando amigos, iniciativas, e un espazo propio, as “Portas Ártabras”, no corazón da Cidade Vella da Coruña, tras a Colexiata e o camarín da mítica Virxe da Estrela. Un espazo, que en momentos de limitacións como mos que tocan ofrecemos a cantos conlevan unha mensaxe como a nosa. Aválanos a nosa propia historia, con tantos amigos novos, vellos e a nostalxia dos que xa non nos poden acopañar, pero saben que están na lembranza dos que temos a fortuna de seguir.

Aquí vos agardamos, contra o mercantilismo e uniformación global.

Velaquí, pois un convite a probar, a coñecer, querer e defender solidariamente.

Abrimosvos as "Portas Ártabras" , como parte do cosmos da Arte, da Historia.

 

Archivo PDF
2016 - PROGRAMA DE ACTIVIDADES - 2016
 
Descargar ArchivoDescargar

1.jpg 21.jpg 25.jpg Marzo 2008 173.jpg Marzo 2008 178.jpg Marzo 2008 188.jpg Marzo 2008 196.jpg Marzo 2008 429.jpg Marzo 2008 431.jpg Marzo 2008 445.jpg Marzo 2008 172(2).jpg Marzo 2008 470.jpg XURXO SOUTO 2013.jpg MANOLO RIVAS  2012.jpg PÚBLICO 2011.jpg PÚBLICO 2011jpg.jpg 771.jpg Jose Antonio Gurriaran en Portas Artabras. Fotografia de Xurxo Lobato..jpg

novidades

Ampliar imagen
Ampliar imagen

PREMIO PEDRA DO DESTINO 2016  PARA O DEBUXANTE E ANIMADOR CULTURAL XAQUIN MARÍN

O pasado 18 de maio, celebración do "Día dos Museos", xornada á que non faltamos dende a súa creación no 1977, a directiva do noso colectivo decide entregar o Premio Pedra do Destino 2016 a XAQUIN MARÍN, recoñecido debuxante, humorista gráfico, creador do Museo do Humor de Fene e de moitas iniciativas en relación co humor e coa banda deseñada. Cun estilo persoal  en fondo e forma levada a moitos medios de comunicación gráfica .Traxectoria caracterizada polo seu humanismo e crítica á sociedade de consumo.

Este premio tenta ser  un recoñecemento e axuda a persoas ou colectivos preocupados pola salvagarda e difusión do patrimnio cultural de Galicia. Lembramos que o ano pasado o noso galardoado foi o historiador betanceiro Alfredo Erias.

Nuns días daremos a coñecer a data e características da xeira que nos levará por Ferrolterra a entregar este galardón que consise en axuda a algún proxecto do humorista gráfico.

 


enderezo

Amigos dos Museos de Galicia ´Portas Ártabras´
Rúa Sinagoga 22 Baixo (Cidade Vella) 15001 A Coruña - Galiza - España

Información e contacto:
Teléfono: 00 34 981 21 01 01
Fax: 981 21 01 01
E-mail: correo@amigosmuseosgalicia.org

Web: www.amigosmuseosgalicia.org

Sede social:
O noso local,´Portas Ártabras´. está aberto en horario:
* Luns a Vernes: de 19:00 a 21:00 horas
* Sábados: de 12:00 a 14:00 horas


galería de imaxes
Portas Ártabras
Portas artabras
Actividades
Actividades
Viaxes
Viaxes


Colaboradores e patrocinadores


artigos
proxeccións
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia